Estudos Superiores
en Deseño Téxtil e Moda de Galiza

Acceso Planos de estudo Docencia Mobilidade Contacto
Tipos de acceso



Home / Mobilidade / Bolsas

Bolsas Curso 2007/2008

De acordo coa proposta dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza, a Universidade de Vigo anuncia a convocatoria de 8 bolsas de colaboración para estudantes matriculados na titulación. Esta normativa xunto coa convocatoria correspondente publicarase no taboleiro de anuncios da Facultade de Belas Artes e na Reitoría. Ademáis podese desacargar a convocatoria en formato pdf.

O obxecto das devanditas bolsas é colaborar nas aulas e talleres dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

Esta bolsa estará dirixida a estudantes matriculados nos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia e que teñan os coñecementos precisos que lles permitan colaborar activamente nas aulas e talleres dos devanditos estudos.

Os/as bolseiros/as estarán baixo a tutela da directora dos devanditos Estudos Superiores.

O período de prestación da colaboración será o comprendido entre a adxudicación das bolsas e o 31 de decembro de 2008.

O tempo de adicación será de 10 horas semanais cada unha das bolsas, considerando o calendario oficial de períodos lectivos dos devanditos Estudos Superiores da Universidade de Vigo. Os horarios estarán distribuídos e adaptados ás necesidades do obxectivo das bolsas, entre luns e venres.

Poderán solicitar as devanditas bolsas aqueles alumnos matriculados nos devanditos estudos no curso académico 2007-2008, mediante solicitude dirixida á dirección dos mesmos no prazo que abrangue dende o día 21 de xaneiro ata o día 12 de febreiro de 2008, entregándoa en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 4/1999.

A dotación económica é de 1.502,5 euros e o aboamento farase efectivo nun único pago ao final do período de colaboración.

Os fondos destas bolsas irán por conta dos 12.020 euros da aplicación orzamentaria 2008 0000 300V 482.24.

Descargar convocatoria
Convocatoria de Bolsas 2008 (pdf)