Estudos Superiores
en Deseño Téxtil e Moda de Galiza

Acceso Planos de estudo Docencia Mobilidade Contacto
Tipos de acceso



Home / Docencia / Proxectos fin de carreira

Proxectos fin carreira

13/01/2009
Convocatoria Extraordinaria de Proxectos Fin de Carreira curso 2008/2009

Descargar convocatoria (.doc)


Natureza do Proxecto Fin de Carreira
O PFC é un traballo realizado individualmente por cada alumno/a, baixo a dirección dun ou varios titores/as, que ten como finalidade a aplicación por parte de aquel dos coñecementos e das habilidades adquiridas e das súas dotes de análise e síntese, para dar solución a un traballo teórico e técnico de corte igual ou similar aos que poida desenvolver no exercicio da súa profesión como Titulado en Deseño Téxtil e Moda. O PFC é unha asignatura obligatoria situada no último cuatrimestre da titulación. Sen embargo, polas súas especiais características, a realización do PFC pode abordarse antes de iniciar ese último cuatrimestre. Os custes derivados da realización do PFC correrán por conta do alumno/a.
O PFC constará de dúas partes: Unha memoria descriptiva do traballo, e unha colección de 8 estilismos. Diseñarase unha colección de prendas que constitúan unha unidade de 8 conxuntos, todos eles cunhas coordenadas necesarias (coherencia e interrelación na selección de tecidos, cores, estampados, texturas...) para consideralas dunha mesma familia, cunha dirección conceptual e estética, pero tratando de propor o máximo de posibilidades formais.

Cada conxunto ou estilismo estará constituído por un mínimo de tres prendas e os seus accesorios correspondentes. As prendas realizaranse nunha talla 38, se ben podería considerarse unha distinta se o traballo o xustificase. Técnicamente, todas as prendas presentadas deberán ter un nivel de acabado “profesional”.

Xunto coa colección presentarase unha memoria que recolla o proceso de realización, así como a documentación necesaria para desenvolvela. A memoria constará necesariamente de cinco capítulos:

A- Presentación (declaración de intencións).
B- Debuxos e ilustracións dos deseños.
C- Posibilidades e propostas de colorido, estampados e tecidos.
D- Fotografías das prendas
E- Información bibliográfica.

Poderase engadir un Anexo (capítulo F) no que se recollerán todos os patróns que se utilizasen para a creación das prendas.
A colección presentarase nunha defensa pública do proxecto, na data e hora fixadas pola Dirección e notificada con 15 días de antelación ós alumnos/as e titores/as correspondentes, e publicada no taboleiro de anuncios.
Como norma xeral orientativa, os PFC que se realicen estarán pensados para que o tempo total de adicación do alumno/a sexa de 400 horas.

Titor/a
Tódolos Proxectos que se adxudiquen a partir da aprobación da presente normativa levarán asignado un ou varios Titores/as que serán Profesores/as da Titulación, vinculados á área de deseño, que proporán ó inicio do curso diferentes liñas de traballo. Será misión do titor/a fixar as especificacións do PFC, e orientar ao alumno/a para a realización do mesmo.
O alumno/a poderá propor en calquera momento do curso académico unha determinada liña de traballo, que poderá ser engadida como liña de PFC por algún titor/a da Titulación, sempre que a dirección da titulación o autorice.

Comisión de Proxectos Fin de Carreira
Cada PFC será xulgado por unha Comisión de Proxectos Fin de Carreira presidida polo Director/a de Estudos, ou persoa na que delegue, e constituida por todos os profesores titores que presenten liñas de traballo que teñan como finalidade a realización de PFC. O Director/a da Titulación especificará a data de constitución a Comisión e considerará invitar a algún especialista externo ou profesor de área afín.
Costituida a Comisión de PFC, ésta fixará o calendario de actuación que deberá prever a data de entrega de proxectos, así como o lugar, día, e hora do exame. Para realiza-la devandita entrega, o alumno/a depositará na Secretaría da Titulación a Memoria do PFC orixinal e 1 copia en formato pdf en soporte CD. O mencionado orixinal pasará a ser propiedade da Titulación.
A Comisión de PFC supervisará e controlará a correcta realización e o nivel de calidade dos PFC, velando que exista homoxeneidade no grao de dificultade e no tempo invertido entre os distintos PFC.
A Comisión de PFC tomará as medidas necesarias para que a todo alumno/a que cumpra cos requisitos de adxudicación recollidos no apartado 5.1 desta normativa, lle sexa efectivamente adxudicado un proxecto.

Oferta, Solicitude e Adxudicación de Proxectos Fin de Carreira
A proposta do tema e o título realizarase polo alumno/a de común acordo co titor/es do PFC. A proposta realizarase mediante a Ficha de PFC (ver no Anexo I) que conterá alomenos a seguinte información: Título, Titor/es, nome do alumno, resumo indicando o tema do traballo, os obxectivos e o planteamento, con unha extensión mínima de 300 e máxima de 600 palabras en formato DIN A4. A presentación da solicitude farase en Secretaría do Centro e seralle remitida á Dirección da Titulación. Ésta fará públicos os títulos, nomes dos autores e titores dos proxectos que foran adxudicados.
Requisitos para a Adxudicación de Proxectos
Poderán solicitar a adxudicación do PFC aqueles alumnos/as que estean matriculados de tódos os créditos/asignaturas pendentes para terminar os seus estudos, incluidos os do propio PFC, e realizasen o pago das taxas correspondentes.
Rexistro de Adxudicacións
A Secretaría do Centro levará un rexistro dos Proxectos Adxudicados que se actualizará periódicamente, eliminando aquelas adxudicacións que se retirasen por transcurrir o prazo establecido no apartado Matriculación sin se producir a entrega do Proxecto.

Procedemento Administrativo
Matriculación
A Secretaría do Centro formalizará a matrícula do PFC da mesma forma que calquer outra asignatura do plan de estudios, unha vez que todas as asignaturas da titulación estean superadas. O alumno deberá entregar o seu PFC antes de finalizar o curso (mes de outubro) no que se matriculase, sempre que teña tódolos créditos da titulación superados.

Se o alumno/a non superase o PFC na primeira convocatoria, ou si non se presentase á mesma, poderase presentar na Convocatoria Extraordinaria na que se pode matricular previa solicitude no mes de Xaneiro. O alumno/a deberá presentar os estilismos á Comisión do PFC, que será a única encargada de avaliar o PFC, na data e hora que a Dirección indicará, e que será publicada nos taboleiros de información con alomenos 15 días de antelación.

Presentación do PFC na Secretaría do Centro.
Para que a Secretaría do Centro admita un PFC é requisito indispensable que nesta dependencia exista constancia oficial da adxudicación e de que o alumno/a superase tódalas asignaturas/créditos contemplados no seu Plan de Estudios para obter a titulación.
Os alumnos/as deberán entregar o documento impreso orixinal da memoria do PFC, 1 copia en formato pdf na Secretaría do Centro. Dende a Dirección da Titulación pódese determinar o formato no que a memoria do PFC deba presentarse. No acto de entrega, o alumno recibirá de Secretaría un documento acreditativo da entrega.
A Secretaría do Centro preparará a documentación relativa á defensa do PFC. Notificará ó Titor/a a recepción da memoria do PFC para que éste último emita á Comisión de PFC as instruccións para a retirada do mesmo, así como a documentación relativa á defensa. A retirada da memoria do PFC e da documentación non poderá levarse a cabo antes do envío da notificación mencionada.

Recepción do Proxecto unha vez avaliado
Trala defensa pública do PFC, o Titor/a devolverá á Secretaría do Centro o exemplar orixinal retirado no seu día así como as Actas de Avaliación (por triplicado) e, no seu caso, o informe de rexeitamento do Proxecto.
A entrega incompleta da documentación impedirá o rexistro do PFC como defendido. O autor/a dun Proxecto rexeitado poderá recabar en Secretaría do Centro o Informe de Rexeitamento da Comisión do PFC.

Presentación do PFC.
Presentación do PFC á Comisión de PFC
Trala notificación da Secretaría do Centro ó Titor/a de que a documentación relativa á defensa do PFC está preparada, a Comisión do PFC avaliará a memoria do PFC na data e hora que a Dirección indicará, e que será publicada nos taboleiros de información con alomenos 15 días de antelación. A Comisión do PFC poderá facer ó alumno/a, os requerimentos que considere oportunos para obter a información necesaria para o seu mellor entendemento.

Unha vez que a Comisión do PFC delibere, pasará a:
1. Aceptar ou rexeitar o PFC por maioría simple. No caso de empate, o voto do Presidente considerarase de calidade.
2. En caso de que o PFC sexa rexeitado, procederase a elaborar un Informe de Rexeitamento no que se farán constar os erros, omisións e, en xeral, tódolos defectos que deban ser subsanados e que motivaron o rexeitamento.

Tribunal Externo
A Dirección da Titulación designará un Tribunal Externo que estará constituido polo Director/a da Titulación, ou a persoa na que delegue, e entre 3 e 5 profesionais do ámbito de Deseño Téxtil e Moda. Entre os membros do Tribunal nomearase un Presidente e un Secretario. Por cada membro do Tribunal haberá un suplente.

Unha vez examinado o PFC pola Comisión, ésta convocará por escrito a data e lugar do acto de exposición pública dos estilismos. A convocatoria ós membros do Tribunal Externo e ó autor/a do PFC producirase con alomenos 15 días de antelación.

Na Convocatoria Ordinaria, a exposición pública dos estilismos do PFC perante o Tribunal Externo terá formato de pasarela. Os estilismos únicamente serán presentados en pasarela se a Comisión de PFC acepta o PFC en maioría simple na Convocatoria Ordinaria. O Tribunal Externo calificará o PFC previamente aceptado pola Comisión, coa nota media das calificacións emitidas por tódolos membros do Tribunal.

Unha vez que o Tribunal Externo emita unha calificación final, a Comisión do PFC cumprimentará as Actas de Valoración, que haberán de ser suscritas por tódolos membros da Comisión de PFC e anunciará ó alumno/a a calificación.

Depósito e Propiedade do Proxecto Fin de Carreira
O PFC é un traballo intelectual protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. A propiedade intelectual do PFC, no seu conxunto ou nas suas partes, corresponderá nun 50% ó alumno/a e no 50% restante ó titor/es, de tal xeito que o PFC se considere unha obra de colaboración entre o alumno/a e o/os titor/es de acordo co artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 1/1996 que establece o texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual.

Disposición Final
Esta normativa entrará en vigor a partir da data de Publicación que abaixo se indica. A iniciativa para a reforma de calquera artigo do presente regulamento poderá ser tomada polo Director/a da Titulación ou mediante proposta asinada por un tercio dos membros da Comisión de PFC. As propostas para a reforma do regulamento deberán estar debidamente articuladas e motivadas. Recibida a proposta, será sometida a votación para a súa toma en consideración pola dirección da escola.